DATAS DO OBRADOIRO: do 22 ao 26 de maio
HORARIO: de 19:00 h a 21:00 h.
LUGAR: Centro Sociocultural A Merced
_________________________________________________________________
-
Obxectivos
- Potenciar o uso das novas tecnoloxías no sector marítimo pesqueiro.
- Fomentar a innovación tecnolóxica e as facilidades de acceso a rede.
- Dotar de coñecementos básicos ás asistentes na xestión e creación de perfís nas redes sociais.
- Impartir coñecementos e habilidades básicas para poñer en marcha un blog e unha canle de YouTube
-
Metodoloxía
- Os contidos deste taller impartirase dun xeito dinámico e participativo, de tal forma que as asistentes poidan aplicar os coñecementos adquiridos en exercicios prácticos e dinámicas de fomento da creatividade tanto individual coma grupal.
-
Contidos
- Novas tecnoloxías aplicadas ao sector marítimo pesqueiro
- A innovación tecnolóxica e o cambio social
- O uso das TIC na xestión e promoción das empresas
- As diferentes redes sociais
- Creación e xestión de perfís empresariais nas redes sociais principais
- Creación e desenvolvemento dun blog
- YouTube como canle de difusión de gran alcance
-
Duración
- Este taller terá unha duración de 10 horas distribuídas en cinco sesións de 2 horas cada unha.
-
Material
- Ao inicio do taller facilitarase ás asistentes información impresa dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.