Hoxe finalizamos o curso de Emprendemar sobre innovación no sector turístico mariñeiro que se levou a cabo en Exposalnés durante toda esta semana.
Lembrarvos aos seleccionados para os próximos cursos que estes comezan o vindeiro luns día 16 de outubro, o de comunicación e atención ao cliente no ámbito da xestión do turismo mariñeiro na Confraría de Pescadores San Antonio ás 9:30h (1ª planta), e o de creación e posta en marcha dunha empresa a partir de 0, ás 17:30h no Centro Sociocultural A Merced.