PUNTO DE ASESORAMENTO ESPECIALIZADO

 

Emprendemento en actividades marítimo pesqueiras e Programa de mentoring para proxectos baseados na economía marítimo pesqueira do territorio.

Atendendo sempre ao ámbito da economía marítimo pesqueira, o punto dará resposta a calquera consulta non só relacionada con aspectos tales como elaboración de plans de empresa, recursos públicos dispoñibles para por en marcha o negocio, formas xurídicas e trámites administrativos necesarios para a constitución, sino tamén e sobre todo, dende o Punto darase a coñecer aspectos clave para o crecemento económico local segundo a estratexia do FEMP: o potencial da diversificación do sector; as posibilidades de liñas innovadoras que están a xurdir en torno a valorización dos subprodutos e residuos da pesca; a acuicultura; sustentabilidade e a introdución progresiva das TIC. Farase un seguimento personalizado daqueles proxectos emprendedores cuxo potencial de éxito requira de soporte e asistencia intensiva na súa fase inicial: maduración da idea de negocio e busca de rendibilidade e sustentabilidade do servizo ou produto en proxecto.

c1
c3
c15
c9