O Concello e a Confraría de Cambados acadan a baremación destes cursos na Consellaría do Mar. As Guías de Traballo do Programa Emprendemar van ser presentadas este mércores nas III Xornadas para Emprendedores.
O Concello de Cambados xunto coa Cofradia de Cambados veñen de acadar a resolución favorable da comisión de recoñecemento das actividades formativas como mérito nos baremos a pé, con vara e de recursos específicos nas modalidades a pé e con embarcación tanto nos talleres como nos cursos realizados e que están pendentes de realizar no Programa conxunto Emprendemar.
As accións formativas promovidas dende a Cofradia e o Concello de Cambados teñen como finalidade a capacitación dos traballadores da pesca para o exercicio da súa profesión; ben sexa mediante a preparación para o acceso ao emprego ou facilitando a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da súa vida. O catalogo formativo ofrecen unha base sólida e unha especialización acorde co mercado laboral e co coñecemento práctico das novas tecnoloxías. Unha das claves destes estudos é a conexión entre o mundo educativo e o mundo produtivo.
Así o curso Creación e posta en marcha dunha empresa a partir de 0 obtivo unha baremación de 0,40 puntos. O curso de Internet como ferramenta de venta: As redes sociais e a páxina web na xestión de negocio, o curso de Marketing dixital: A importancia da marca e a comunicación, o curso de Innovación no sector do turismo mariñeiro, e o curso de Comunicación e atención ao cliente no ámbito da xestión do turismo mariñeiro obtiveron unha baremación de 0,32 puntos. Xa no caso dos Talleres, o Taller: A gastronomía mariñeira e a súa importancia no sector turístico obtivo unha baremación de 0,24 puntos; e os Talleres: Emprendemento femenino. En busca da idea empresarial innovadora e Aplicacións das TICS ás actividades tradicionais do sector marítimo pesqueiro acadaron unha baremación de 0,20 puntos.
Xornadas para Emprendedores e Presentación das Guías de Emprendemar
Maña mércores, a partir das 16:00h. no salón de actos de Exposalnés no Paseo da Calzada, terá lugar as III Xornadas para Emprendedores do Concello de Cambados e na que terán tamén participación o proxecto Emprendemar, coa presentación das Guías de Traballo do Programa Emprendemar, por outra banda tamén vai participar na Mesa Redonda, Oportunidades e retos do Emprendemento a Xerente do Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa, Rosa Carballo; Jose Luis Taboada, que é o asesor TIC da Oficina SmartPeme para a comarca do Salnés; Sonia Fernandez consultora do Grupo Arestora co Relatorio: “Fontes de financiamento”.
Para pechar as III Xornadas de Emprendedores vai expoñer un emprendedor como naceu un novo proxecto de Enoturismo a través da rede, realizando a presentación a cargo dun dos seus promotores, e que vai relatar coma da idea deste proxecto naceu esta nova iniciativa empresarial que esta a dar os seus primeiros pasos.
Para participar nestas xornadas non hai que realizar ningún tipo de inscrición, de feito mostraron interese en participar nas mesmas dende o Instituto Francisco Asorei de Cambados para os alumnos do ciclo de Administración e Finanzas, incluíndo estas xornadas como actividade extraescolar e que xa se puxeron en contacto co concello de Cambados para poder participar os seus alumnos na mesma.