OS GALP

Grupos de Acción Costeira é un programa europeo desenvolvido pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que ten como finalidade a implementación dunha estratexia de abaixa cara arriba para o desenvolvemento do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca sobre desenvolvemento sustentable das zonas de pesca.

Uns obxectivos e un método

O fin é avanzar cara á consecución dos obxectivos do Tratado da Unión Europea en materia de desenvolvemento sostible e de integración do medio natural en todas as demais políticas comunitarias aplicadas nas zonas costeiras.

As prioridades estratéxicas que marca o programa operativo español para o desenvolvemento integrado das zonas costeiras teñen como fin último a consecución dun desenvolvemento sostible destas zonas. As devanditas prioridades, por orde de importancia, son:

  • Manter a prosperidade económica social das áreas e a revalorizar os produtos da pesca e da acuicultura.
  • Manter e desenvolver os postos de traballo: diversificación económica e reestruturación social.
  • Potenciar a calidade ambiental costeira.
  • Promover a cooperación nacional e transnacional entre zonas de pesca.

galp

Búsqueda de iniciativa

Este novidoso programa pretende subvencionar a iniciativa de proxectos, xa sexan produtivos ou non produtivos, que serán elixidos polos propios Grupos de Acción Costeira (GAC), como coñecedores das necesidades do seu territorio, que están plasmadas en cada un dos Plans Estratéxicos Zonais (PEZ), que eles mesmos elaboraron. Estes proxectos serán valorados segundo os criterios sinalados nos Plans Estratéxicos Zonais que cada grupo de Acción Costeira defina.

As axudas e os proxectos

Poden ser beneficiarios das axudas que convocará a Consellería do Mar  ao abeiro do eixe 4 do FEP, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que presenten un proxecto que deberá desenvolverse nalgunha das zonas identificadas.

Os proxectos deben estar orientados a fomentar e impulsar a diversificación económica destas zonas de pesca principalmente a través de actividades turísticas, á promoción económica a través da comercialización, á mellora do medio ambiente da zona de pesca e ao impulso da cohesión social do territorio. En todo caso, estes proxectos deben ser viables técnica e económicamente.

 

c1
c4
c8
c13