Guía Recursos

Guía de recursos para a diversificación de actividades pesqueiras e acuícolas a nivel local.

Guía Recursos

Guía de recursos para a diversificación de actividades pesqueiras e acuícolas a nivel local.

Guía Práctica

Guía práctca de modelos de plans de negocio a desenvolver no sector marítimo pesqueiro.

Oportunidades

Estudo de  oportunidades e retos en  innovación no   sector marítimo pesqueiro local.

Asesoría

Asesoramento en emprendemento de actividades marítimo pesqueiro e mentoring.

Formación

Accións formativas a impartir en ámbitos vinculados á xestión empresarial ou acceso á sociedade dixital.

Muller

Programa de 4 talleres dirixido a mulleres no ámbito do sector marítimo de Cambados e comarca.

O Proxecto conxunto Emprendemar presentado polo Concello xunto coa Cofradia de Pescadores de Cambados ven de ser seleccionado para ser subvencionado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca a través dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro; tratase dun proxecto plurianual.

A estratexia do proxecto vai encamiñada a promover o crecemento e desenvolvemento económico e social do territorio, apoiando a diversificación das actividades da pesca e fomentando, prioritariamente no colectivo de xoves e mulleres, o emprendemento e a capacitación. As actuacións contempladas no proxecto aspiran por tanto a favorecer a cohesión social e á mellora da calidade de vida do territorio a través do apoio da diversificación e á creación de emprego, mellorando deste xeito as posibilidades de atopar novas fontes de ingresos e de dotar de valor engadido as actividades e produtos locais. O alto valor dos recursos naturais locais, en termos paisaxísticos e de biodiversidade, constitúe unha importante fortaleza estratéxica que non se pode desaproveitar, para promover o crecemento económico e a competitividade, tal e como suxire o FEMP no seu programa operativo 2014-2020. En resposta a tal situación, o proxecto intervén en este ámbito ao establecer como primeiro obxectivo específico “Analizar e avaliar as posibilidades e recursos que ofrece o territorio local para a diversificación das actividades pesqueira e acuícolas”.

barco
posito

Cambados é un pobo mariñeiro e o mar é un piar básico da súa economía. A fonda relacion dos cambadeses co mar estivo e está presente en todos os aspectos da nosa vida.

A importancia do noso sector pesqueiro queda reflectida no número de embarcacións, no número de postos de traballo e no volume de ventas da nosa lonxa.

O porto de Cambados acolle a flota de cerco máis importante e modernizada de Galiza; ten unha flota de baixura que, por número de embarcacións, postos de traballo directos e artes ás que se adica, é a de máis importancia da ría; conta cun importante sector marisqueiro organizado, tanto a flote como a pé, e unha importante acuicultura, que con un bo número de bateas de mexillón e ostra conforma un sector de vital importancia.

Os mariñeiros de Cambados caracterizáronse de sempre pola súa pericia e bo facer á hora de aproveitar os recursos naturais da ría, e supéronse dotar das artes e da flota máis axeitadas para este fin. Pódese dicir que o noso pobo acolle a case totalidade das artes empregadas na pesca de baixura en Galicia e dos seus subsectores como cerco, enmalle, nasas, bou de vara, bou, boliche, rastro da vieira e marisqueo a pé e a flote; e fomos pioneiros, no seu momento, na acuicultura co cultivo de ostra en parques, e do mexillón.

O mar dá emprego en Cambados, de forma directa, a máis de 1.000 mulleres e homes; á vez que é o xerador de actividades tanto industriais como comerciais que conforman o tecido económico primordial para o desenvolvemento socio-económico do conxunto da poboación, talleres de reparacións, redeiras, depuradoras de marisco, cetáreas, conserveiras, empresas turístico-culturais… actividades, todas elas, con vinculación directa ao sector pesqueiro-marisqueiro. O mar é un xerador de riqueza de primeiro orde, é unha das empresas máis importantes do noso pobo.

Aínda que cada pouco tempo estamos a pasar crises por distintos motivos (contaminación, escaseza de capturas, mareas vermellas…), a organización dos diferentes sectores fai posible seguir adiante con ilusión.

foto_2

Situado na ría de Arousa, a máis extensa das rías galegas, e no val do Salnés que enxalzara Valle-Inclán, atópase o municipio de Cambados: un histórico enclave esculpido en granito, considerado un dos destinos turísticos máis belos, admirados e interesantes de Galicia.

Merece unha detida visita para contemplar os seus pazos e casas nobres, distribuídas ao longo das tres antigas e señoriais vilas de Fefiñáns, Cambados e San Tomé, as súas belas prazas, as rúas empedradas, a rede de museos… Un atractivo patrimonio que complementa a súa oferta turística coa ruta do viño Rías Baixas, as rutas de sendeirismo e actividades como o turismo náutico e mariñeiro, as festas populares e as numerosas ofertas gastronómicas e culturais.

Cambados e o Mar

O sector do mar é outro dos piares esenciais da economía cambadesa con preto de 400 embarcacións e máis de mil persoas dedicadas ás faenas da pesca e do marisqueo. A Confraría de Pescadores San Antonio é unha das máis antigas de Galicia e de España, pois a data da súa constitución sitúase arredor do ano 1914. Conta con preto de 850 socios nos diversos sectores: marisqueo a pé e a flote, artes menores, cerco, redeiras e parques de cultivo.

A Confraría presta unha serie de servizos ós usuarios do porto de Tragove: vendeduría de peixe e marisco en primeira venda, venda de carnada, suministro de xeo, nave de redeiras, pantaláns de atraque e guindastre para izado de embarcacións.

concello

CONCELLO

Telf.: +034 986 520 902

Fax.: +034 986 524 866

e-mail.: portavoz@cambados.es

CONFRARÍA

Telf.: +034 986 542 056

Fax.: +034 986 543 037

e-mail.: cofradia@cofradiacambados.org

 

medios

Invalid Email