O proxecto poderase votar na paxina web www.galp.xunta.gal dende hoxe ata o vindeiro 22 de outubro

VOTA POR EMPRENDEMAR

O Proxecto  Emprendemar ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo do Grupo de Acción Local Pesqueira Ría de Arousa, subvencionado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca cun amplo abanico de cursos e obradoiros relacionados co mar e o emprendemento, presentado polo Concello de Cambados xunto coa Cofradia de Pescadores foi nomeado como finalista dos I Premios Economía Azul na categoría de Creación de Emprego. Os premios pretenden recoñecer os mellores proxectos aprobados no ano 2016 no marco da implantación das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo dos GALP, e serán entregados nunha gala que terá lugar o 27 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Os I Premios Economía Azul son creados pola Consellería do Mar para recoñecer aos proxectos destacados que foron subvencionados no ano 2016 ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, financiadas polo Fondo Europeo da Pesca.

O sistema de votación realizarase na paxina web www.galp.xunta.gal e cada persoa poderá votar só a un dos proxectos de cada categoría. O proxecto que reciba maior número de votos en cada categoría será o que resulte premiado. Poderase votar nesta plataforma web dende o día 2 ata o 22 de este mes de outubro.

Os candidatos foron seleccionados entre os propostos polos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro de Galicia (GALP), estando Emprendemar englobado dentro da categoría de Creación de Emprego, esta categoría ten como finalidade apoiar aos proxectos que estimulen a economía das zonas pesqueiras, reforcen o seu atractivo, capaciten ás persoas e promovan o emprendemento, entre outros. Hai tres proxectos candidatos en cada unha das categorías, e Emprendemar vai competir con:

Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal. O obxectivo xeral que leva a “Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L” a materializar este proxecto de investimento é a IMPLEMENTACIÓN e mellora das instalacións do seu CENTRO DE ELABORACIÓN e COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS Do mar para ofrecer un maior valor engadido aos produtos procedentes da pesca artesanal (Polbo da Ría), que unha vez logrado o seu recoñecemento no mercado co distintivo de calidade, promocionará  e defenderá os seus pescados e mariscos procedentes da flota artesanal galega con claras oportunidades para o incremento das vendas. Evidentemente, isto se traduciría nun beneficio económico para a empresa, fomentando con isto o crecemento económico, a creación de emprego e a inclusión social na comunidade local dependente da pesca.

O Semáforo de Fisterra. Xerar unha actividade turística e de ocio que contribúa a poñer en valor os recursos turísticos da zona, coa posta en valor das actuais instalacións situadas no Faro de Fisterra prestando os servizos de aloxamento, restaurante, taberna mariñeira, espazo de tenda y mini centro de interpretación.