PROGRAMA DE 4 TALLERES DIRIXIDO A MULLERES
Orientados ao emprendemento no sector marítimo pesqueiro e actividades diversificadas e dirixidos a mulleres nas temáticas suxeridas polo Plan de Igualdade de Xénero no Sector Pesqueiro e Acuícola (2015-2020). As temáticas versarán sobre adopción de competencias na xestión empresarial, novas tecnoloxías, talleres de creatividade, etc. Os contidos dos talleres tratarán de impulsar a igualdade de oportunidades no acceso, permanencia e promoción no sector, pondo en valor a relevancia da diversificación profesional da muller como mecanismo para a súa empregabilidade.