DATA DO OBRADOIRO: do 5 ao 9 de xuño
HORARIO: de 19:00 h a 21:00 h.
LUGAR: Pazo de Torrado
_________________________________________________________________
-
Obxectivos
- Reducir os riscos de sufrir doenzas e enfermidades propias da actividade laboral.
- Promover a capacitación da poboación feminina de cara a conseguir a incorporación ó mercado de traballo e/ou manter e mellorar o seu posto actual.
- Concienciar da importancia de coidar o corpo e prestar una adecuada atención aos posibles síntomas dunha enfermidade.
- Potenciar o Mindfulness así coma outras técnicas de relaxación para combater as consecuencias propias da actividade laboral.
- Fomentar o exercicio como método de prevención de doenzas e mellora das condicións físicas.
-
Metodoloxía
O presente taller levarase a cabo combinando os contidos teóricos con exercicios de carácter práctico así como a participación activa das asistentes nas distintas técnicas de Mindfulness e exercicios de pilates propostos.
-
Contidos
- Riscos xerais da actividade laboral no sector marítimo pesqueiro
- Medidas preventivas na aparición de doenzas e enfermidades
- Coidados do corpo
- Obradoiro de Mindfulness
- Exercicio físico para paliar as doenzas e mellorar a condición física: obradoiro de pilates
-
Duración
Este taller terá unha duración de 10 horas distribuídas en cinco sesións de 2 horas cada unha.
-
Material
Ao inicio do taller facilitarase ás asistentes información impresa dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.