DATAS DO OBRADOIRO: do 29 de maio ao 1 de xuño
HORARIO: de 19:00 h a 21:00 h.
LUGAR: Cofradia de Pescadores de Cambados
_________________________________________________________________
-
Obxectivos
- Potenciar o emprendemento feminino no sector marítimo pesqueiro ou noutros sectores vinculados directamente a este.
- Promover o liderado de novos proxectos empresariais de mulleres que atopen na diversidade das actividade pesqueira e na innovación novas oportunidades de desenvolvemento e fortalecemento do sector local.
- Contribuír a igualdade de oportunidades de acceso ao mercado laboral entre homes e mulleres.
- Fomentar a xeración de ideas innovadoras de negocio
-
Metodoloxía
- O presente taller levarase a cabo combinando os contidos teóricos con exercicios e dinámicas de carácter práctico fomentando o traballo en equipo e a contribución de ideas para o desenrolo dun proxecto empresarial dende distintas perspectivas e ámbitos laborais.
-
Contidos
- Xeración de ideas: a creatividade como motor de innovación
- Técnicas creativas
- Estudio de mercado e a posible competencia
- Oportunidades tecnolóxicas
- A diferenciación como marca: personalización
- Transformando o mercado: innovación en produtos e servizos
- A xestión de recursos humanos
-
Duración
- Este taller terá unha duración de 10 horas distribuídas en cinco sesións de 2 horas cada unha.
-
Material
- Ao inicio do taller facilitarase ás asistentes información impresa dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.