DATAS DO OBRADOIRO: 3,10, 17 e 24 de xuño
HORARIO: de 10:00 h a 13:00 h.
LUGAR: Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña
_________________________________________________________________
-
Obxectivos
- Poñer en valor a riqueza gastronómica do Concello de Cambados e da ría de Arousa en xeral.
- Potenciar a gastronomía mariñeira como reclamo turístico.
- Fomentar a innovación culinaria mediante o emprego de produtos procedentes do mar.
- Comprender a evolución do turismo gastronómico e a importancia da influencias dos medios de comunicación e das redes sociais.
- Dotar ás participantes de coñecementos básicos en materia de marketing.
-
Metodoloxía
O presente taller impartirase combinando os distintos contidos teóricos con visitas guiadas e a colaboración de espertos do sector hostaleiro e empresarios da zona que tiveran innovado na comercialización de produtos derivados do mar.
-
Contidos
- A gastronomía como reclamo turístico.
- A gastronomía como recurso cultural e elemento de dinamización económica da zona.
- Experimentación gastronómica con produtos do mar.
- Posibles aplicacións comerciais de produtos procedentes do mar.
- Marketing gastronómico.
- Gastronomía e publicidade: a captación do cliente potencial.
- O valor nutricional dos alimentos procedentes do mar e a súa aplicación en dietas.
-
Duración
Este taller terá unha duración de 12 horas distribuídas en catro sesións de 3 horas cada unha.
-
Material
Ao inicio do taller facilitarase ás asistentes información impresa dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.