O pasado venres 26 de maio rematamos o obradoiro sobre a aplicación das TIC ás actividades tradicionais do sector marítimo pesqueiro. O obradoiro tivo lugar no Centro Socio Cultural A Merced e desenvolveuse ao longo de toda a semana, participando un total de 25 mulleres de diferentes idades. A actividade proposta para levar a parte teórica das novas tecnoloxías da información e da comunicación á práctica, foi a creación de diferentes ideas de negocio vinculadas ó sector marítimo pesqueiro. De forma individual e por grupos, as participantes deron forma as súas ideas de negocio creando para cada unha delas o logotipo, perfís empresariais nas diferentes redes sociais e mesmo un blog. As ideas foron moi variadas, dende tendas de cañas de pescar ou carriños para mariscadoras ata cosmética con produtos do mar ou unha taberna mariñeira. Os diplomas foron entregados polo Conselleiro de Economia e Facenda D. Xurxo Charlin Trigo.
Obradoiro: Aplicación das TIC ás actividades tradicionais do sector marítimo pesqueiro
by Admin | Xuñ 1, 2017 | Sen categorizar | 0 comments