DATAS DO CURSO: do 11 ao 15 de setembro
HORARIO: de 9:00 h a 13:00 h.
LUGAR: Centro Sociocultural de A Merced
______________________________________________
-
Obxectivos
-
- Proporcionar ferramentas que permitan diferenciar a marca do produto e da empresa en xeral.
- Aprender a crear unha marca que identifique á empresa e a súa actividade.
- Reflexionar sobre a imaxe transmitida aos potenciais clientes.
- Capacitar ao alumnado de coñecementos básicos para a creación dun plan de marketing propio.
- Adquirir habilidades básicas para xestionar satisfactoriamente a difusión de contidos e o manexo das redes sociais como medio de divulgación.
- Analizar diferentes estratexias de marketing na xestión comercial de produtos derivados do mar así coma noutros sectores vinculados con este.
-
Metodoloxía
- Os contidos deste curso impartirase dun xeito dinámico e participativo, de tal forma que o alumnado poida aplicar os coñecementos adquiridos en exercicios prácticos e dinámicas de fomento da creatividade. Para un análise máis directo da realidade, poñeremos exemplos de boas prácticas de marketing aplicadas en sectores vinculados ao ámbito marítimo pesqueiro así coma noutros que manteñen unha estreita relación co turismo mariñeiro en tódalas súas vertentes.
-
Contidos
- Módulo 1. A marca
- O valor da marca: identidade e autenticidade
- Imaxe, comunicación e creatividade
- Na mente do cliente: o que atrae e o que se valora
- Determinación do público obxectivo
- Marcas que conseguiron diferenciarse
Módulo 2. Marketing dixital
- As claves nas redes sociais
- Posicionamento en buscadores
- Análise e diferenciación da competencia
- Técnicas de difusión de contidos
- Publicidade e promocións online
- Comunicación audiovisual
- Email marketing
- Código QR
-
Duración
- A duración desta acción formativa será de 16 horas, distribuídas en 4 sesións de 4 horas cada unha.
-
Material
- Ao longo da realización do curso formativo facilitarase ao alumnado o material impreso dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.