INTERNET COMO FERRAMENTA DE VENTA: AS REDES SOCIAIS E A PÁXINA WEB NA XESTIÓN DE NEGOCIO

 

DATAS DO CURSO: do 4 ao 8 de setembro 

HORARIO: de 9:00 h a 13:00 h.

LUGAR: Centro Sociocultural de A Merced 

 

 

 

 

______________________________________________

  • Obxectivos

    • Capacitar aos alumnos na creación e xestión de perfís empresariais nas redes sociais.
    • Proporcionar instrumentos e ferramentas útiles para implementar estratexias de venta a través de internet.
    • Aprender a crear unha páxina web sinxela a partir dunha plataforma gratuíta.
    • Dotar ao alumnado de capacidades básicas de edición, deseño e mantemento dunha páxina web.

 

  • Metodoloxía

  • A metodoloxía deste curso será fundamentalmente práctica posto que o alumnado irá aplicando os coñecementos adquiridos ó mesmo tempo que se irán impartindo.Tendo en conta os diferentes niveis que poden presentar os alumnos/as, e coa finalidade de aproveitar ó máximo ás leccións teóricas e coñecementos impartidos, ofrecerase a posibilidade de acudir a titorías individuais co fin de resolver dúbidas e reforzar aqueles aspectos menos doados de entender.

 

  • Contidos

  • Módulo 1. Redes sociais
    • Principais redes sociais e as súas características
    • Creación de perfís nas redes sociais e xestión dos mesmos como medio de venta e promoción
    • A función do Community Manager
    • A publicidade nas redes sociais
    • Alcance e efecto multiplicador
    • Medición e análise dos resultados
    • Captación e fidelización de clientes a través das redes sociais
    • Social shopping: como vender a través das redes sociais
    Módulo 2. Espazo web e tenda online
    • Creación e deseño dunha páxina web a partir de plataformas gratuítas
    • O aloxamento web
    • Autoxestión dunha páxina web
    • Elementos que melloran un sitio web
    • Posicionamento en buscadores
    • A importancia dun blog e a súa constante actualización
    • Xestión dunha tenda online

     

 

  • Duración

  • Esta acción formativa terá unha duración de 16 horas divididas en 4 sesións de 4 horas cada unha, ampliando a maiores unha hora de titorías para cada alumno coa finalidade de resolver dúbidas ou aclarar de forma máis detallada algún dos contidos explicados durante o curso.

 

  • Material

  • Ao longo da realización do curso formativo facilitarase ao alumnado o material impreso dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.