DATAS DO CURSO: do 9 ao 13 de outubro
HORARIO: de 9:00 h a 13:00 h.
LUGAR: ExpoSalnés
______________________________________________
-
Obxectivos
-
- Analizar as posibilidades de diversificación do sector marítimo pesqueiro e a súa aplicación no ámbito turístico.
- Examinar as potencialidades do concello de Cambados e da ría da Arousa en xeral como destinos especializados en turismo mariñeiro.
- Crear un vínculo de unión entre o sector pesqueiro e o sector turístico poñendo en valor o traballo desempeñado polos profesionais do mar.
- Dotar de coñecementos básicos ao alumnado para desenvolver novas ideas de negocio vinculadas ao turismo mariñeiro.
- Divulgar as oportunidades que ofrece a actividade marítimo pesqueira para o crecemento económico do territorio.
-
Metodoloxía
- Para o desenvolvemento deste curso formativo combinaranse os contidos teóricos con exercicios prácticos, tanto individuais coma grupais, así coma con visitas guiadas ó museo muíño de mareas da seca ou da casa do pescador. Ademais buscarase a colaboración de empresas do sector marítimo pesqueiro e do sector turístico que desexen compartir a súa visión do turismo mariñeiro e a súa actividade vinculada a este ámbito, coa finalidade de coñecer de primeira man as testemuñas dos profesionais deste sector e poder xerar futuros vínculos e sinerxias de negocio.
-
Contidos
- Bloque 1. ¿Qué é o turismo mariñeiro?
- Tipos de turismo e xeodestinos: o turismo mariñeiro
- A cultura mariñeira e o seu atractivo
- Análise de oportunidades de negocio dentro do sector do turismo mariñeiro
- Diversificación da oferta turística
- A importancia da colaboración e cooperación entre sectores
Bloque 2. Comercialización de produtos de turismo mariñeiro
- Creación de paquetes turísticos
- Experiencias de viaxe
- Rutas e visitas guiadas
- Cursos formativos, xornadas, obradoiros de cociña, etc.
- Artesanía
- Merchandising
- Outras ideas
-
Duración
- A duración desta acción formativa será de 16 horas, distribuídas en 4 sesións de 4 horas cada unha.
-
Material
- Ao longo da realización do curso formativo facilitarase ao alumnado o material impreso dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.