CURSO DE COMUNICACIÓN E ATENCIÓN AO CLIENTE NO ÁMBITO DA XESTIÓN DO TURISMO MARIÑEIRO

 

DATAS DO CURSO: do 16 ao 20 de outubro

HORARIO: de 9:00 h a 13:00 h.

LUGAR: Cofradia de Pescadores de Cambados 

 

 

 

 

______________________________________________

  • Obxectivos

  •  
    • Achegar ó alumnado coñecementos básicos acerca da historia e da cultura mariñeira de Cambados así coma das súas tradicións e patrimonio artístico, de cara á promoción da vila como interese turístico.
    • Dotar ao alumnado das técnicas de comunicación e atención ao cliente básicas para lograr a máxima calidade do servizo e satisfacción do cliente.
    • Potenciar o desenvolvemento de novas habilidades na atención e servizo ao cliente.
    • Analizar as barreiras ou obstáculos no proceso de comunicación e as súas posibles solucións.

     

  • Metodoloxía

  • O presente curso levarase a cabo combinando os contidos teóricos con diferentes dinámicas de carácter grupal coma o role-playing así como coa práctica de técnicas de atención ó cliente e a xestión de situacións en función de diversos supostos prácticos. 
  • Contidos

  • Bloque 1. Información turística
    • Introdución xeral ao sector turístico mariñeiro
    • Orixe da vila de Cambados e a súa evolución historia
    • A importancia do mar no seu patrimonio histórico e cultural
    • O sector pesqueiro e o relevante papel da muller
    • As pegadas históricas na actualidade: a conservación e recuperación das vellas artes.
    • A transmisión xeracional de coñecementos e o seu importante valor

    Bloque 2. Comunicación e atención ao cliente

    • Habilidades comunicativas e comunicación eficaz
    • Calidade no tratamento co cliente
    • Atención de reclamacións
    • Atención telefónica
    • Atención ao cliente 2.0.
    • Presentación dun produto ou servizo: falar en público

     

  • Duración

  • A duración desta acción formativa será de 16 horas, distribuídas en 4 sesións de 4 horas cada unha.

 

  • Material

  • Ao longo da realización do curso formativo facilitarase ao alumnado o material impreso dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.