CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA EMPRESA A PARTIR DE 0

 

DATAS DO CURSO: do 28 ao 1 de agosto 

HORARIO: de 9:00 h a 13:00 h.

LUGAR: Cofradia de Pescadores de Cambados 

 

 

 

 

______________________________________________

  • Obxectivos

    • Dotar aos alumnos de recursos metodolóxicos que lles permitan poñer en práctica a súa idea de negocio ou mellorar as estratexias dun negocio xa existente.
    • Favorecer a xeración de ideas emprendedoras no ámbito marítimo pesqueiro local.
    • Potenciar as calidades persoais que constitúen a base do espírito emprendedor.
    • Capacitar ao alumnado na autoxestión do seu negocio, fundamentalmente no ámbito da contabilidade.

 

  • Metodoloxía

O presente curso está deseñado de forma secuencial atendendo aos pasos a desenvolver no suposto de querer levar a cabo un proxecto empresarial de nova creación. Para elo, os contidos estrutúranse de acordo a tres bloques diferentes, en cada un dos cales os alumnos irán traballando, de forma tanto individual coma en grupo, a posta en marcha dunha idea de negocio e os pasos e coñecementos necesarios para sacala adiante con éxito.

A formación impartirase dun xeito dinámico e participativo, combinando contidos teóricos con exercicios prácticos, empregando para ilo distintas dinámicas e técnicas de traballo que impliquen dunha forma activa a tódalas partes, tales como o análise de casos de éxito reais, brainstorming, debates ou supostos prácticos de contabilidade, entre outros.

 

  • Contidos

    Módulo 1. Iniciativa emprendedora
    • Espírito emprendedor: as claves do éxito
    • Creatividade e proactividade
    • Da idea á forma: a importancia da motivación
    Módulo 2. Plan de empresa
    • Planificación, misión e visión
    • Estudio de mercado. Análise DAFO
    • Innovación empresarial: a estratexia do océano azul
    • Estudio da viabilidade económica e financeira
    • Elección da forma xurídica: tipos de empresas
    • Trámites administrativos para a constitución dunha empresa
    Módulo 3. Contabilidade básica
    • Introdución a contabilidade
    • O ciclo e a periodificación contable
    • O balance e a conta de resultados
    • Obrigacións fiscais das empresas

 

  • Duración

  • A duración desta acción formativa será de 20 horas, distribuídas en 5 sesións de 4 horas cada unha.

 

  • Material

    Ao longo da realización do curso formativo facilitarase ao alumnado o material impreso dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.