APLICACIÓN DAS TIC ÁS ACTIVIDADES TRADICIONAIS DO SECTOR MARÍTIMO PESQUEIRO

DATAS DO OBRADOIRO: do 22 ao 26 de maio 

HORARIO: de 19:00 h a 21:00 h.

LUGAR: Centro Sociocultural A Merced 

 

 

 

 

 

_________________________________________________________________

 

  • Obxectivos

  • Potenciar o uso das novas tecnoloxías no sector marítimo pesqueiro.
  • Fomentar a innovación tecnolóxica e as facilidades de acceso a rede.
  • Dotar de coñecementos básicos ás asistentes na xestión e creación de perfís nas redes sociais.
  • Impartir coñecementos e habilidades básicas para poñer en marcha un blog e unha canle de YouTube 

 

  • Metodoloxía

  • Os contidos deste taller impartirase dun xeito dinámico e participativo, de tal forma que as asistentes poidan aplicar os coñecementos adquiridos en exercicios prácticos e dinámicas de fomento da creatividade tanto individual coma grupal.

 

  • Contidos

  • Novas tecnoloxías aplicadas ao sector marítimo pesqueiro
  • A innovación tecnolóxica e o cambio social
  • O uso das TIC na xestión e promoción das empresas
  • As diferentes redes sociais
  • Creación e xestión de perfís empresariais nas redes sociais principais
  • Creación e desenvolvemento dun blog
  • YouTube como canle de difusión de gran alcance

 

  • Duración

  • Este taller terá unha duración de 10 horas distribuídas en cinco sesións de 2 horas cada unha.

 

  • Material

  • Ao inicio do taller facilitarase ás asistentes información impresa dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.