A GASTRONOMÍA MARIÑEIRA E A SÚA IMPORTANCIA NO SECTOR TURÍSTICO

DATAS DO OBRADOIRO: 3,10, 17 e 24 de xuño

HORARIO: de 10:00 h a 13:00 h.

LUGAR: Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña 

 

 

 

 

 

_________________________________________________________________

 

  • Obxectivos

  • Poñer en valor a riqueza gastronómica do Concello de Cambados e da ría de Arousa en xeral.
  • Potenciar a gastronomía mariñeira como reclamo turístico.
  • Fomentar a innovación culinaria mediante o emprego de produtos procedentes do mar.
  • Comprender a evolución do turismo gastronómico e a importancia da influencias dos medios de comunicación e das redes sociais.
  • Dotar ás participantes de coñecementos básicos en materia de marketing.

 

  • Metodoloxía

O presente taller impartirase combinando os distintos contidos teóricos con visitas guiadas e a colaboración de espertos do sector hostaleiro e empresarios da zona que tiveran innovado na comercialización de produtos derivados do mar.

 

  • Contidos

  • A gastronomía como reclamo turístico.
  • A gastronomía como recurso cultural e elemento de dinamización económica da zona.
  • Experimentación gastronómica con produtos do mar.
  • Posibles aplicacións comerciais de produtos procedentes do mar.
  • Marketing gastronómico.
  • Gastronomía e publicidade: a captación do cliente potencial.
  • O valor nutricional dos alimentos procedentes do mar e a súa aplicación en dietas.

 

  • Duración

Este taller terá unha duración de 12 horas distribuídas en catro sesións de 3 horas cada unha.

 

  • Material

Ao inicio do taller facilitarase ás asistentes información impresa dos contidos impartidos, así coma tamén se lles dotará con un caderno de anotacións e un bolígrafo ao inicio da acción formativa.